| Non só se fala de fútbol, tamén de... tulipáns e pombas, por exemplo |
Dinme un prazo de 15 días pra definir se este blog quedaba coma unha bala de palla no Far west, ou se ía ter continuidade. Como minto máis que escribo (cousa en absoluto difícil, posto que non escribo un carallo), vou continuar coa seguinte entrada... preto de dous meses despois. Aínda que agardar tanto coido que paga a pena. Porque “Tomarse algo” vai deterse a tratar de describir a Taberna RIKITRI. Así, con maiúsculas.